
Parece que o Deportivo comeza a respirar neste mercado de inverno, despois dun verán bastante turbioso polo número de xogadores que tiña en plantilla e por facilitarlles unha saída. Despois de conseguir a última hora as cesións de Rubén Castro (Huesca) e de Aytami, Alex Bergantiños (Xerez), e a baixa de Momo (Xerez), o problema principal seguìa na portería. Lotina asegurou que despois do incidente do ano pasado entre Gustavo Munúa e Dudu Aouate, non iba a contar con eles para a presente campaña, fichando así a Dani Aranzubía como porteiro titular e deixando de segundo a Fabricio. A reconstrucción na portería tamén pasou factura no fabril coa incorporación do meta procedente do Lugo Marcos Valín, que comparte posto con Manu.
Acércase o mercado de inverno e Gustavo Munúa ten todas as papeletas para voltar o seu clube de orixe o Nacional de Montevideo, xa que sabe de primeira man que non será renovado. O depor comeza así dar saída os xogadores que non contan para Miguel Ángel Lotina e a alixeirar as arcas do clube. Recordemos que Taborda se marchou en calidade de cedido o Hércules da Segunda División española.
No hay comentarios:
Publicar un comentario