
O seleccionador do combinado nacional acudiu o feudo blanquiazul para observar a determinados xogadores españois o pasado domingo no Deportivo-Málaga.
Podemos decir que a tempada que está a realizar o deportivo este ano é inesperada despois dos apuros pasados na anterior. Lotina confiou nos seus xogadores e afirmaba día tras día de que tiña un plantel con calidade ante as discrepancias de todo aficionado. Unha aposta arriesgada foi a de fichar a Dani Arazanzubía, un porteiro que viña de San Mamés co cartel de mediocre despois dos seus últimos anos no clube vasco. A fichaxe polo depor serviulle de resurreción, e certo é que as súas últimas actuacións están a ser brillantes sen olvidar a súa faceta para parar penaltis. Alberto Lopo, central que conta coa plena confianza de Lotina mantense regularmente no once con actuacións destacadas sendo o líder da defensa blanquiazul. A verdade parece que o míster supo sacar o máximo de cada xogador, e sen ir máis ala poñémolo exemplo de Juan Rodriguez que se está a convertir nun pulmón para o medio do campo do equipo da Coruña. Finalmente, Lotina non se equivocaba en que este depor tiña calidade senón vexamos a Lafita, pichichi do equipo e desequilibrante pola banda. Vicente del Bosque visitou Riazor cos ollos postos nestes xogadores e quizáis co desexo de apresurarse en nacionalizar tamén o lateral esquerdo Luis Filipe e non cometer o erro como pasou con Daniel Alves. En definitiva gusta na grada de riazor que o seleccionador nacional se acorde do Depor de vez en cando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario